sexta-feira, agosto 11, 2006

Máscara
Entre os entroidos de máis raizame e sona de cantos teñen lugar en Galicia destacan os que se celebran nas localidades ourensans de Laza, Verín, Viana, Vilariño de Conso e Xinzo de Limia. Desde os primeiros días do ano, ou, por mellor dicir, desde que pasa a gran noite do solsticio de inverno, destápase unha especie de febril actividade que preanuncia unha xeira cíclica: é o tempo dos entroidos ourensans.(...) Só Laza conseguiu eludir ata o de agora a incorporación de elementos premeditados de carácter turistico ou gastronómico, mantendo na medida do posible as vellas celebracións e actos do Entroido de antano.
O Entroido Ancestral, Carlos Puga, Nacho Gómez e Xerardo Dasairas, edicións do cumio, 2002, p. 7
Os caracteres rituais, licenciosos, xurídicos, imitativos e inversores desta festa teñen que pasar necesariamente pola presencia de máscaras nas rúas. Existen máscaras que presentan caracteres xenéricos moi semellantes a pesar da distancia entre as áreas que vimos de comentar, e mascaras que, segundo a zona, presentan unhas peculiaridades que caracterizan fondamente a celebracion da festa. E é que non debemos esquecer que este elemento caracterizador se constitúe en moitos casos - e na actualidade aínda en maior medida- no eixo central á volta do que xiran todos os demais actos.
Idem, ibidem, p. 9
Ver aqui: