segunda-feira, julho 17, 2006


Polaroid, Suso de Toro, Xerais
Libro grotesco, absurdo, desmistificador, burlón, innovador, crítico, diferente, hilariante, provocador, divertimento, realismo sucio, novela costumista...son alguns dos contradictorios calificativos que recibiu no seu momento.
(...)o proprio Suso de Toro calificouno como "estalido de furia inspirado polo punk".
Polaroid recibiu o Premio da Crítica Galicia en 1987. Hoxe é, sen dúbida, un referente inevitable das nosas letras. (Da contracapa de Polaroid)
O Comedor de Patacas, Manuel Rivas, Xerais
O protagonista de Os Comedores de Patacas é Sam, un adolescente enganchado na droga que habita nos lindes da delincuencia. A vida de Sam, retratada desde o profundo lirismo e a poesia intima(...)móvese a cabalo entre dous espacios, entre duas culturas, a urbana e a rural, que se xuntan no sincretismo que preside a cotidianidade deste adolescente galego. O paro, o walkman, o telefono, o rap, os colegas, o contacto con sexo, o ruído dos tractores, o poder da amizade, as ensoñacions do protagonista, un accidente de coche, a incomunicación, ese Algo que sam se mete, o reencontro co a aldea, a avoa...constitúen os referentes vitais dun protagonista tenro e entrañable, que camiña pola vida empuxado pelo optimismo. O Manuel Rivas de Os Comedores de Patacas é un escritor limpo, que tece a súa narrativa desde a sinxeleza, o humor, e unha inesgotable capacidade para contar con axilidade, con ritmo e con precisión. (Da contracapa de O Comedor de Patacas)

2 Comments:

At 5:25 da tarde, Anonymous Anónimo said...

This is very interesting site...
» » »

 
At 5:58 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Wonderful and informative web site. I used information from that site its great. » » »

 

Enviar um comentário

<< Home