Dime, si, que hai un lugar
tralo tempo denegado;
dimo en azul,
mentres atrapas os cachotes caídos
desta barricada de pólas
de máis tronzadas.
(excerto do poema da pág. 25, de "O Raio Verde")
un máis un son dous,
tres por dous por sempre seis,
a noite precede á luz,
coitelo na dereita, trinchante na esquerda,
amor escachado nunha vida que vai así,
dentista cada seis meses,
bo día!(...)
.........................................................
fuxamos, meu amor, deste abafo que nos ata,
fuxamos deica o tempo sin tempo
.......................................................
(excerto do poema da pág. 51, de "O Raio Verde")
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home